Ir o contido

Procedementos Administrativos

Especialistas na xestión de trámites administrativos

Informes técnicos e tramitacións

Nos nosos estudos atendemos aos aspectos recollidos nos Plans Hidrolóxicos de bacía, e en particular ao novo Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, aprobado no ano 2012.

Elaboramos diversos tipos de informes técnicos e tramitacións de asuntos en materia hidráulica, para particulares en xeral, concellos, titulares de explotacións hidroeléctricas e explotacións agropecuarias, que deban presentar ante a Administración Hidráulica e/ou Ambiental. A tramitación dos expedientes adoita prolongarse no tempo, polo que realizamos un seguimento periódico do seu estado, non abandonándoo ata a súa completa resolución.

Solicitudes de concesión administrativa de augas

Realizamos a xestión completa das solicitudes de concesión de auga para uso privativo, tanto para titulares individuais como para comunidades de usuarios (urbanizacións, comunidades de veciños), Concellos, etc.

Legalización de captacións existentes

Asimismo, en aquellos casos que ya existe un uso del agua no regularizado, nos encargamos de la legalización de captaciones existentes (superficiales y subterráneas) en situación irregular, procediendo de modo similar a una solicitud ordinaria, para lo cual debe presentarse un proyecto técnico que contemple con detalle las características del aprovechamiento y las infraestructuras existentes (captación, conducciones, depósitos, etc.), así como las condiciones sanitarias cuando se trata de aguas para consumo humano. En este caso la tramitación debe realizarse no solo con la Administración Hidráulica (Augas de Galicia o Confederaciones) sino también con Sanidad y Conservación de la Naturaleza (de la Comunidad Autónoma).

Cambios de titularidade

Realizamos a xestión completa cos organismos implicados: Concellos, Organismo de bacía (Augas de Galicia, Confederacións Hidrográficas), Autoridade Ambiental (Comunidade Autónoma) e Ministerio, sempre en continua comunicación co cliente. Realizamos un seguimento do expediente desde a entrega do proxecto ou estudo, atendendo aos requirimentos que puideran xurdir por parte do Organismo (documentación a emendar, modificacións derivadas de informes de supervisión, etc.), e non o damos por finalizado ata a súa resolución definitiva.
tramites administrativos 2
1

Canon da Auga

Grava o consumo de auga para calquera uso privativo (consuntivo ou non). Actualmente en Galicia está regulado polo Decreto 136/2012, do 31 de maio (Regulamento do Canon da Auga e do coeficiente de vertedura), e os titulares de aproveitamentos diferentes ao consumo doméstico a través da rede municipal deben comunicar as súas fontes de abastecemento propias mediante os seguintes modelos de declaración:

  •  AU230C – Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=AU&codProc=230C&procedemento=AU230C

  • AU230D – Declaración de contador nas captacións propias de auga.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=AU&codProc=230D&procedemento=AU230D

Unha vez presentadas estas declaracións, Augas de Galicia realiza unha proposta do canon ao titular. Tras a súa conformidade, procédese á liquidación do imposto de forma cuatrimestral, en función das lecturas que o propio titular debe declarar periodicamente segundo o seguinte modelo:

  • AU230F – Declaración periódica de lecturas de contadores.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=AU&codProc=230F&procedemento=AU230F

3

Control de caudais utilizados

Segundo a Orde ARM/1312/2009, do 20 de maio de 2009, os titulares de aproveitamentos de auga en Dominio Público Hidráulico (D.P.H.) deben instalar polos seus propios medios un sistema de control dos volumes e caudais utilizados e retornados ao medio, debendo comunicar periodicamente os datos rexistrados ao organismo de bacía. Previamente debe presentarse unha proposta técnica xustificada do devandito sistema ante o organismo correspondente.

Elaboramos propostas técnicas personalizadas para a instalación destes sistemas, escollendo, en función do tipo de aproveitamento e das súas particularidades, a solución que mellor se adapte técnica e economicamente. Tamén ofrecemos, se o cliente así o require, a instalación completa (sensores, dataloggers, armario, etc.) conforme aos protocolos de comunicación dos SAIH dos diferentes Centros de bacía, permitindo así a tele-consulta dos datos.

Informes técnicos para extracción de acarreos en zona de policía de encoros e canles

Cando se pretende acometer actuacións de extracción de materiais nestas zonas, a Administración Hidráulica esixe ao titular a presentación dun estudo técnico detallado.

Os nosos estudos inclúen:

  • Descrición dos accesos e reportaxe fotográfica.
  • Avaliación das características e do volume de material a retirar.
  • Maquinaria a empregar e descrición secuencial do proceso extractivo.
  • Xestión dos materiais: acopios intermedios, transporte e destino final.
  • Sinalización de accesos a vías con tráfico.
  • Medidas preventivas: protección das augas e da vexetación de ribeira.
4
5

Autorizacións de vertido ao Dominio Público Hidráulico (D.P.H.) e ao Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M.T.):

Todo vertido de augas residuais require unha autorización administrativa, coñecida como autorización de vertido. Esta autorización correspóndelle á administración hidráulica competente, salvo nos casos de vertidos realizados a través de redes de sumidoiros ou colectores xestionados polas administracións autonómicas ou locais, ou polas súas entidades dependentes, nos que a autorización será competencia destas.

Realizamos todos os trámites necesarios para a obtención da autorización de vertido ao D.P.H. e ao D.P.M.T.

  • En Galicia, os vertidos ao D.P.H. están regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia e polo Decreto 136/2012, do 31 de maio, que regula tamén o Canon da Auga e o coeficiente de vertedura, derrogando o anterior canon de saneamento (Lei 8/1993).

  • A nivel estatal, aplícase o R.D.L. 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, e o seu regulamento específico.

  • Os vertidos ao Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M.T.) están regulados pola Lei 22/1988, de Costas, o seu regulamento (R.D. 1471/89), e a Instrución de conducións de vertido ao mar (Orde do 13-7-1993).

Estas autorizacións son especialmente relevantes, por exemplo, para a legalización de fosas sépticas, tanto de uso residencial como gandeiro, un servizo que tamén ofrecemos.


 

6
7

Autorizacións de obras en Dominio Público Hidráulico (D.P.H.):

A execución de calquera obra ou traballo na zona de policía de cauces require autorización previa do organismo de bacía, sendo habitual a elaboración dun estudo de afeccións conforme ao disposto no R.D. 9/2008: Regulamento do Dominio Público Hidráulico, modificado polo R.D. 1290/2012, do 7 de setembro.

Licenzas de Actividade Clasificada

Esíxese para aquelas actividades que, polas súas características, xeran ou poden xerar molestias ou perigos. A tramitación realízase ante a Administración local, a cal solicita informes a Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Comunidade Autónoma, podendo tamén esixirse informe doutros organismos (Ministerio, Administración Hidráulica, etc.).

A documentación a presentar inclúe un Proxecto Técnico visado polo Colexio Profesional, que debe recoller todos os aspectos que definen tanto o funcionamento das instalacións e da actividade como as súas afeccións ambientais e medidas correctoras.

No noso ámbito de traballo (enxeñaría da auga) existen moitos establecementos que requiren da Licenza de Actividade, como por exemplo os aproveitamentos hidroeléctricos.

Así mesmo, debe solicitarse (tamén ante o Concello) a Licenza de Apertura do establecemento, sen a cal non poderá iniciarse a actividade.

8
9
10

Traballamos para Administracións Públicas, Empresas e Particulares de toda España

Se precisas información sobre os nosos servizos, non dubides en contactar connosco.